(click para agrandar)
Estes días deixáronnos os seres humanos Ayala, López Vázquez e Lévi-Strauss. Xa estaban maiores pero non deixa de dar mágoa que vaian liscando cando quizais máis falla fan...
Por outro lado xa viñan merecendo unhas vacacións que levaban toda a vida dálle que te pego...
Isto fainos pensar no pasaxeiro da nosa existencia por aquí (e por Alá... pffff...) e a vixencia das imaxes clásicas que servían para recordarnos este feito bastante ben probado, de que nalgún intre imos finar, estricar a pata, espichala... Porque se cadra xa vai sendo hora de revisar eses bodegóns con pitos mortos, pexeghos, cranios... Pero que poderíamos empregar? Un presidente de comunidade autónoma/alcalde colghado polos pendientes reales?... se cadra un iogur a piques de caducar...? Mmmmm...
A solución a este problema artístico-espiritual veunos da man da tía dun amigo noso, que hoxe a mañá contábanos "o mal que sentaba erguerse pola mañá e o primeiro con que falas sexa o cobrador de Santa Lucía..."
Tal cual. Non hai mellor alegoría. Un home/muller que unha vez por mes venche a lembrar que en calquera momento vas... e morres... e aínda por enriba, para que che quede ben claro, cóbrache unha cifra...
Bueno... os artistas barrocos tampouco vivían do aire... pero ao menos non ían á túa casa cada quince días a meterche o lenzo polos ollos...!
As fotos de George e Rachel puxémolas para aledarnos a vista un pouco... Non credes que como vanitas van mellor? Qué ben levan os anos...
Ide pensando nun epitafio...
vanitas vanitatum omnia vanitas
(As fotos están afanadas daquí www.mostbeautifulman.com e kalafudra.wordpress.com)






